jueves, 19 de septiembre de 2024

 Xa volvemos!

Benvidos a "Amar o Mar"


Atrás quedaron as tardes de sol e praia.
Xa só as gaivotas permanecen como raíñas dos nosos areais.

Pero seguiremos mantendo as
idílicas imaxes estivais na retina porque, regresamos con: "Amar o Mar"!
Este é o novo proxecto que nos manterá ocupados ao longo do curso e que, pretende, axudarnos a coñecer mellor a nosa Ría de Vigo para gozala máis e amala moito.


Preparados todos porque as primeiras transformacións xa se produciron:


Por portas, rellanos e teitos, a invasión
do mar é evidente!


Poñer atención porque,
Leolo, regresa da paréntese estival cargado dun "Mar" de
información, historias, propostas, retos, sorpresas,

xogos...
Ven totalmente disposto a facernos
"Amar o Mar"!!

Vémonos!!


No hay comentarios: