jueves, 19 de septiembre de 2024

  Importante! Temos unha cita pendente no Club de Lectura de Adultos!

Este próximo venres 27 de Setembro, temos unha cita pendente no "Club de Lectura de Adultos" dirixido pola Profesora María!
Lugar: A Biblioteca Hora: 17:00 p.m Obra: "Los dos lados" de Teresa Cardona Requisitos: Puntualidade e estar dispostos a pasar un grato e
divertido momento entre amigos!! Convidados: Toda a comunidade educativa!
Esperámosvos, non nos falledes!!!

Ademáis, pronto abriremos a Biblioteca. E coa súa apertura comezarán o bulebule de actividades propostas por Leolo para afastar o aburrimento e a ignorancia e facernos pasar intres divertidos compartindo os nosos gustos e afeccións, estreitando amizades e ampliando a nosa sabedoría e potenciando as nosas destrezas. Estade atentos e apuntádevos!

En especial, conviría apuntarse canto antes ás tan esperadas sesións de "Contacontos de Familias", en orde a ir programando xa as datas de realización, para que ningunha Familia quede sen a oportunidade de participar cos seus pequenos nesta entrañable sesión familiar de lectura.

Esperámosvos!!! Contamos con todos!!


No hay comentarios: