lunes, 22 de enero de 2024

 22 Xaneiro



En Contacontos de Familias: "Leotolda"! Este venres, 26 de Xaneiro, a nova sesión de Contacontos
de Familia, traeranos máis dunha sorpresa.

O conto elixido, "Leotolda", de Olga de Dios, a autora de títulos tan celebrados polos máis pequenos, como "Monstruo rosa", "Rana de tres ojos" ou "Pájaro Amarillo ", é unha invitación para desenvolver a creatividade do lector e, ao mesmo tempo, unha invitación a preguntarse como de forte é a amizade que prodigamos, pois... Que estariamos dispostos a facer por un amigo? Ata onde chegariamos? Se queredes mostrar cuán lonxe chega a vosa imaxinación e queredes ver claro ata que punto son importantes as vosas amizades, non vos perdades a sesión deste venres !

Esperámosvos!!

A sorpresa e a diversión están aseguradas!

Vémonos!

No hay comentarios: