jueves, 25 de enero de 2024

 24 Xaneiro

A profesora Águeda na nosa radio!

La pofesora Águeda recibe su invitación
Tras unha involuntaria paréntese debida a unha cadea de
incidencias, o noso
intrépido equipo de radio convidou
á profesora Águeda a someterse á súa exhaustiva entrevista para coñecela un pouco máis. Aínda que, recibir a invitación, foi unha inesperada sorpresa, non necesitou pensalo dúas veces para aceptar o reto coa súa característica alegría.

Se desexades coñecela un pouco mellor: coñecer os seus gustos, os seus hobbies... non dubidedes en sintonizar o podcast "Entrevista 2: Águeda" do blogue de "Leolo Comunica" ao que poderedes acceder na dirección:

https://leolocomunica.blogspot.com

ou ben picando na seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2365103

Moitísimas grazas Águeda pola túa paciencia, por compartir o teu precioso tempo connosco e por transmitirnos tanta alegría.

Non perdades de vista o blogue da nosa radio, porque xa están a piques de emitirse proximamente novas entrevistas e moitas cousas máis!


No hay comentarios: