jueves, 20 de abril de 2023

A visita de Eva Mejuto

Durante estes meses recibimos visitas de moitas persoas da comunidade educativa ao noso centro.

A de Eva Mejuto, ilustradora de moitos dos contos que adoitamos ver no cole "A mosca chosca", "Corre corre cabaciña" o "Maruxa" foi unha desas que más ilusión nos fixo. Eva explicou aos nenos e nenas maiores de cole en que consistía o seu traballo e pasou un bo anaco con eles e elas facendo mostra do seu talento.


Dende a comunidade educativa do Chouzo estamos convencidos/as de que estas visitas fan do noso centro e da nosa biblioteca un lugar onde compartir experiencias que nos enriquecen a todos e a todas. 

Damos as grazas a Eva dende o noso recuncho particular e convidámola a volver cando queira!!


Que pasedes un bo día!!


O equipo de biblioteca



No hay comentarios: