jueves, 20 de abril de 2023

A NOSA CARTELEIRA

Como xa sabedes este ano o proxecto do centro é "Estamos a rodar" un proxecto que corresponde á toda a comunidade educativa, un proxecto aberto, un proxecto no que levamos dende primeiro trimestre comprometidos e comprometidas. As actividades realizadas ata o de agora comprenden dende a visita de actrices ata a visita de persoas relevantes no cinema galego que están a producir películas que están na carteleira dos nosos cines. 


Falando de carteleira: os nenos e nenas do chouzo foron quenes de realizar unha proposta artística inspirada nunha carteleira de cine. Así, dende a biblioteca propúxoselles realizar a adaptación dun cartaz dunha película escollida para cada clase. As propostas do noso alumnado non deixan de abraiarnos e por eso queremos ensinarvos o resultado.

















MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!


O equipo de biblioteca

No hay comentarios: