viernes, 10 de febrero de 2023

MUDAMOS...

Ola amigos/as do Chouzo!!

Hoxe traemos moi boas noticias, durante este último mes a nosa biblioteca está a vivir un importante cambio: temos un novo programa de prestamos, devolucións e catalogación dos nosos libros, a plataforma Koha

Para facer efectivo o cambio a Koha estamos a contar coa axuda de todo o claustro e tamén de todos os nenos/as que voluntariamente están a baixar á biblio a colaborar nesta gran mudanza. 

Un dos traballos máis laboriosos do cambio a esta nova plataforma é a nova etiquetaxe de TODOS os nosos libros. Para entendernos, no noso cole temos aproximadamente: 12.000 libros que hai que etiquetar de novo. 

Grazas á axuda do noso alumnado, á súa implicación e bo facer, o traballo está a ser máis rápido e efectivo do que pensábamos nun principio. Os días de colaboración e axuda na biblioteca están a vivirse como un punto forte deste proceso e está a resultar moi gratificante para todos/as.





Aínda quedan moitos libros que etiquetar e moito por colocar pero xuntos/as o proceso está a ser máis sinxelo. 

MOITAS
GRAZAS A TODOS/AS!!


Un saúdo, 

O equipo de biblioteca 



No hay comentarios: