martes, 7 de febrero de 2023

 Quen coñece as últimas noticias?

Pronto estarán "Nas Ondas"!

E, como non? O noso alumnado non só ten espírito lector ou escritor,  senón que tamén é un gran transmisor de noticias.

O taller "Nas Ondas", tras superar diversos obstáculos e adversidades, xa deu os seus primeiros pasos para perfilar o seu proxecto.  
Tras a súa reunión, os primeiros cofundadores, xa teñen claros aspectos  tan importantes como: contidos, seccións nas que se emitirán ditos contidos, distribución do traballo, invitados, logo...

Esperamos que pronto estea lista para dar os seus primeiros pasos e de modo ameno poñámonos ao día coas súas frescas e interesantes noticias, entrevistas, eventos... e todo aquilo que os seus fundadores consideraron oportuno incorporar nas súas diversas seccións. 

A todos os seus compañeiros e compañeiras, susceptibles de pasar polo seu taller como convidados, dicímoslles:
Estade atentos! A súa estrea é inminente! 

 Conectarvos e mantervos ao día!

E a os seus creadores decímoslles

 

Ánimo moz@s!


 

No hay comentarios: