domingo, 9 de junio de 2024

 31 Maio

Gran festa final para clausurar os "Contacontos de Familias"

As sesións de Contacontos de Familias chegaron ao seu fin e fixérono cunha gran despedida!

Rosa, a avoíña de Cíes, proporcionou aos asistentes non só un momento de lectura instructivo e ameno, senón que lles fixo cantar ao marchoso ritmo das cancións do último álbum do grupo Oviravai

A sala encheuse de palmas e alegría mentres coreaban cancións como a do oso "Aurelio" ou a dedicada a "Rosalía", ou se facían eco da importancia de coidar o planeta coas letras das cancións "Reciclar" e "Unha mensaxe da Terra".

Un fabuloso festival para marcar o fin do percorrido desta fantástica actividade que, ao longo do curso, reuniu ás familias da nosa comunidade educativa para gozar e animar á lectura, ao tempo que axudaba a desenvolver a creatividade dos máis pequenos ao redor dos seus talleres.

Unha vez máis, debemos reiterar o noso gran agradecemento:

 A toda as familias que participastes contando fermosas historias e a todas as que participastes como público logrando que esta complicada proposta non quedase nunha simple utopía senón que lograse ser un gran éxito!

Moitas grazas!

Esperamos seguir contando con todos o próximo curso!




No hay comentarios: