lunes, 27 de noviembre de 2023

 24 Novembro

"Contacontos de Familias" con "O monstro e a nena" de Jorge J. Costas

Un venres máis, grandes e pequenos gozaron coa sesión de "Contacontos de Familias".

Nesta ocasión, coñecemos a aventura do amoroso monstro ao que lle doía un corno e, chegado á cidade, non achaba modo de chegar ao médico para poñer solución á súa dor, por mor do temor que infundía a todo aquel que lle vía. (Triste realidade a capacidade humana para prexulgar sen coñecer!)


Foi unha xornada moi divertida na que, ademais, esperáballes unha actividade sorpresa!
Ao finalizar a lectura, atopáronse cunha mesa chea de fantasías para personalizar
o seu propio marcapáxinas!

As emocións emanadas da lectura, a ilusión, a creatividade e a
diversión encargáronse de facer desta, outra sesión inesquecible!


Moitísimas grazas á Familia lectora por dedicarnos o seu tempo e parabéns por captar a emoción de todo o público coa súa gran profesionalidade.
E moitísimas grazas a todas as Familias asistentes porque sen elas esta fermosa e didáctica actividade non podería ser posible!

Esperámosvos
a todos con ilusión no noso próximo encontro!!




No hay comentarios: