jueves, 25 de mayo de 2023

O NOSO NOVO RECUNCHO DE LECTURA

Durante estes días os nenos e nenas do Chouzo estrearon un novo recuncho na biblioteca.


O recuncho apareceu de sorpresa para ofrecer aos nenos e nenas momentos compartidos de lectura, de relaxación, contacontos... etc. Un dos grandes obxectivos da biblioteca durante este ano era renovar os nosos espazos pensando en que respondesen a todas as necesidades do noso alumnado.


Desta maneira a biblio comeza un camiño novo enfocado en pensarse como un espazo multidisciplinar no que o amor polos libros sexa o fío condutor.

Os días foron pasando e a nosa biblioteca dirá adeus durante este curso o 31 de maio, a partir dese día permanecerá pechada ata setembro. Lembrade que todos/as aqueles/as que teñades libros en casa teredes que ir devolvéndoos á biblio aos poucos para que estean dispoñibles o seguinte curso. 

Lembrade que o horario de biblioteca polas tardes é de luns a venres de 16:00 a 17:00h.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración, por estar presentes outro ano máis e formar parte da nosa gran comunidade.

Unha aperta grande, o equipo de biblioteca!


No hay comentarios: