miércoles, 29 de marzo de 2023

 35 kg de esperanza!

Esta é a obra de Anna Gavalda
coa que gozou o
Club de
Lectura de 5º.
Algúns recoñeceron en Gregorio, o seu protagonista, o seu propio desencanto polo colexio debido á enorme cantidade de teoría coa que este obriga a sobrecargar o seu cerebro.
Un cerebro que, no caso de Gregorio desborda calidades e habilidades para realizar os máis estraños inventos sen necesidade de titoriais, pero que se pecha a ter que aprender nada que non lle proporcione a satisfacción que lle produce manipular materiais para crear cousas coas súas propias mans. Pero a realidade é que eses coñecementos son impostos por un motivo: son necesarios. os lectores sábeno moi ben. A Gregorio faillo entender o seu avó Leo, unha persoa moi especial coa que mantén unha especial conexión e que parece ser o único ser na terra que lle entende. Esa conexión é a que axuda ao protagonista para propoñerse mellorar e lograr o que lle parecía imposible!


E isto levou aos membros do Club a dúas importantes
conclusións:
O importante que é ter sempre unha motivación, propoñerse uns obxectivos, ter unhas metas na vida, para avanzar nunha dirección e non fracasar como sentía Gregorio que o facía.

E por outra banda, tamén fíxolles pensar no importante que é contar cunha persoa especial que che entenda, que che apoie en todas as túas decisións, que estea ao teu lado cando celebras os teus éxitos e, sobre todo, que te anime cando fracasas.
Seguide así:
Loitando polos vosos obxectivos para lograr os vosos soños!
Vémonos pronto!



No hay comentarios: