lunes, 20 de enero de 2020

17  Xaneiro

Taller de Escritura: Unha gran mostra de imaxinación! 

Este venres celebrouse a reunión do Taller de Escritura coa profesora Pilar.
Nenos e nenas deron mostra de como unha frase, unha palabra, unha soa idea, bastan para poñer a imaxinación a voar. Non importa cal sexa a palabra, a partir dela sempre haberá algunha diferente que sirva de nexo a cada unha das mentes escritoras para xerar unha fermosa historia, unha divertida aventura, unha inesperada viaxe, un sorprendente e inquietante relato do ocorrido non se sabe onde a non se sabe quen... Un mesmo orixe pero con tantos desenvolvementos e finais diferentes como autores emprendan a divertida tarefa de plasmar o que a súa imaxinación lles dita!
Aquí vos deixamos un pequeniño resumen do escoitado  este xoves!


Bravo Rapaces!
Contamos con todos vos para o próximo. 
Estade atentos!!


No hay comentarios: