miércoles, 12 de junio de 2019

12 de Xuño

"Lemos e somos Artistas"

Xa está clasificado todo o material das vosas Mochilas Viaxeiras.  
Os vosos comentarios son muy satisfactorios. Alégranos que disfrutárades coas lecturas, cos vídeos,  coas revistas e cos documentais que nelas viaxaron  ás vosas casas ao longo do curso.

Pero non só nos alegran os vosos comentarios. Tamén os vosos debuxos nos enchen de alegría, porque neles vese que sodes grandes artistas e, ademáis, compróbase que de verdade vos gustaron as obras seleccionadas.  Esperamos acertar do mesmo modo na selección do próximo curso.

Pronto poderedes disfrutar das vosas creacións, na exposición "Lemos e somos Artistas", que está a elaborarse no rellano do 1º e 2º  curso,  (onde tamén se atopan as vosas maquetas de Vigo e o mural "Qué está pasando en Vigo?").
 Noraboa. 
Seguide desarrollando o voso gusto pola lectura. 
Non deixedes de ler este verán. 
E si non sabedes que ler, estade atentos ás guías de lectura coas suxerencias que os fai o Equipo de Biblioteca.
Ánimo!  E a disfrutar!


No hay comentarios: