lunes, 18 de marzo de 2019

15 de Marzo

Consumir o que necesitamos ou consumir todo o que vemos?

O Día do Consumidor, debería servir para facer unha profunda reflexión e un cambio de actitude a todos aqueles que, coas súas necesidades cubertas, caen na tentación de comprar todo aquilo que sae ao mercado, lles sexa útil ou non.  
Cal debería ser o criterio para realizar unha nova adquisición?
1. o feito de necesitar o produto porque nos resulta imprescindible?(o meu traballo ou a miña vida imprímeme a necesidade)
2. o feito de posuír máis prestacións que o que posuímos, aínda que non nos resulten totalmente imprescindibles?(a miña carencia de vontade créame a necesidade)
3. o feito de non quedarnos atrás respecto ao compañeiro ou ao veciño? (o meu ego créame a necesidade)
4. o feito de saír publicitado algo novo? (a publicidade créame a necesidade)
5.....
Que necesitamos, que desexamos, e, que nos fan necesitar ou desexar son 3 cousas totalmente distintas e só con espírito crítico e conciencia poderemos distinguilas. 

É importante distinguilas?

Aquí vos deixámos un interesante vídeo sobre consumismo, por se aínda non o vedes claro.
Podedes velo no seguinte enlace: 
https://youtu.be/rnmtVbmWTKc

Feliz Día do Consumidor todos os días, tomando as decisións máis axeitadas!

No hay comentarios: