martes, 7 de junio de 2016

EXPOSICIÓN "AO NOSO XEITO"

Ao noso xeito é o título que lle deron a un traballo de Pintrua e Reciclaxe que fixeron os maiores usuarios do Centro de Día Coia.
Prestáronnos a súa colección de Arte feita ao seu xeito, que consistía na reproducción de cadros famosos, pero dándolles un toque moi persoal.
Explicaron aos nenos de 2º A e B como fixeran esta colección.
Así, vimos A Gioconda ou Mona Lisa, un collage cos ollos e a boca da persoa que o fixo.
A Árbore das xemas representaba o cadro A Árbore da vida, pero as follas son as súas propias xemas dos dedos pintadas.
A sátira de "As Meninas", feito coas caras da familia real e os políticos de agora.
Gustounos moito e despois explicámoslles todo isto aos nenos doutras clases.

No hay comentarios: