Proxecto
“R AO CUBO"
REDUCE, REUTILIZA, RECICLA
O proxecto “R ao cubo” ten
como finalidade que o alumnado sexa consciente de que o Planeta Terra non nos
pertence, que simplemente é un espazo onde debemos vivir en comunidade partindo
dun respecto ambiental e social que é fundamental para a mellora e crecemento
de todos.
É importante coidar a natureza para poder gozar da súa beleza e
dos beneficios que nos ofrece incidindo en que o comportamento abusivo e
destructivo por parte do ser humano o único que consigue é que haxa unhas
consecuencias terroríficas para a vida da Terra e dos seres vivos que viven
nela.
Unha vez máis é un
proxecto cargado de investigación e sensibilización pola natureza, os animais,
as plantas, e os demais seres vivos. Este traballo tamén nos levará por un
camiño de reflexión consciente para enriquecernos a nivel social e persoal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario