domingo, 23 de octubre de 2016

BIBLIOPATIO CURSO 2016/17

Despois das exitosas xornadas de Bibliopatio do curso pasado, decidimos comezar este novo curso con esta estupenda actividade.
Os/as nenos/as desfrutaron de diferentes lecturas (contos, revistas, cómics,...) e unha vez rematado o recreo puideron levalas para casa e compartilas coas súas familias e amigos/as.
Todos/as vivimos con emoción uns recreos moi especiais.
 

O ALUMNADO DE 1º VISITA A BIBLIOTECA

Como cada curso, os nenos e nenas de 1º visitaron a biblioteca por primeira vez.
Descubriron unha morea de libros interesantes e aprenderon a realizar o préstamo.
As mestras tamén lles ensinaron as normas para o coidado e mantemento da biblioteca.
Saíron moi contentos/as e esperando voltar pronto! 
 

XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA A APERTURA DA BIBLIOTECA

Xa queda pouquiño e temos todo preparado, este luns 24 de outubro agardámosvos na biblioteca!




sábado, 22 de octubre de 2016

MANDALA DE OUTONO

Nenos de infantil aproveitaron a hora de recreo para recoller folliñas que caeron.
E, como estamos en Outono, fixeron un bonito Mandala.
"Mandala de Outono"
Precioso.
Parabéns!!!

viernes, 21 de octubre de 2016

CARLOS SPUCH!!, UN NEUROCIENTÍFICO NO NOSO COLE!

Carlos Spuch, neurocientífico que está a traballar na investigación do cerebro, no hospital Álvaro Cunqueiro, estivo no noso centro os pasados martes e mércores, 19 e 20 de outubro. Tivemos charlas moi interesantes para toda a primaria. Comentounos moitas cousas, sobre o cerebro e resolveu moitas cuestións que xurdiron das propias charlas. Grazas Carlos, pola túa cercanía, sencillez e información!!

miércoles, 19 de octubre de 2016

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2016

 

O próximo luns 24 de outubro, Día Internacional da Biblioteca, abrimos a biblioteca do cole, para dar comezo a unha nova andaina xuntos/as chea de ilusións.
Durante este curso traballaremos nun novo proxecto chamado "Ciencia divertida: inventos e experimentos", co cal pretendemos espertar o espírito científico, a capacidade de investigación e o interese pola ciencia de todo o alumnado.
Benvidos/as a todos/as!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

INAUGURACIÓN CURSO 2016-17 CON ALBA MARÍA


Inauguramos o novo curso con Alba María. 
Foi alumna do noso colexio. 
Preciosas as cancións.
Tamén fixemos unha canción entre todos.
Foi moi divertido. 
 

domingo, 26 de junio de 2016

DESPEDIDA TEATRO 2016

En estos días de finales de junio tuvimos la última representación de nuestros dos grupos de teatro en el colegio.



También hicimos una breve (porque los minutos del recreo no dan para más) fiesta de despedida.
Los actores, actrices y sus familias tuvieron el detalle de escribir unas palabras de agradecimiento y obsequiarnos a las profesoras con algunos detalles, entre ellos unas palabras, unas flores y un libro donde nuestros pequeños actores dejaron por escrito su sentir muy, muy entrañable hacia esta actividad de trabajo en equipo.
.
A los niños por su dedicación, esfuerzo y entusiasmo.
A las familias por su colaboración y agradecimiento.
Y a los compañeros que se acercaron a felicitarnos por nuestro trabajo.
Este año, especialmente complicado y difícil, queremos agradeceros con más motivo vuestro reconocimiento y vuestras palabras.

                                   Ángeles y Silvia

sábado, 25 de junio de 2016

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA CURSO 2015-16

Esta semana, os membros do  Club de Lectura realizaron as súas últimas actividades:
Mantiveron unha videoconferencia  con Gonzalo  Moure, autor do último libro lido polo Club: “Maíto Panduro”.
Recibiron a visita de Benxa,  con quen intercambiou ideas e opinións sobre lle Bullying escolar,tema central do penúltimo libro lido polo Club: O libro do Bullying.

Realizaron un obradoiro de poesía no  Centro de Día co que, como cada ano, intercambian algunha actividade.  Este ano, os entrañables avoíños  e avoiñas do Centro obsequiáronlles cunha magnífica  representación do máis coñecido episodio de “Don Quixote da Mancha” . ( Aquel no que o enxeñoso fidalgo bátese en feroz batalla cos xigantes e muíños de vento. Non existen imaxes por estar prohibida calquera tipo de gravación dentro do  Centro. A imaxes correspóndense co galope tendido dos nenos, ansiosos por chegar ao centro, do que xa case forman parte, e , á saída todos co obsequio que recibiron: un fermoso floreiro de reciclaxe.



viernes, 24 de junio de 2016

FESTA NA BIBLIOTECA

Os participantes ao longo do curso nas distintas actividades propostas pola Biblioteca, que non foron recompensados anteriormente, levaron agasallos ben merecidos polo esforzo, a imaxinación e o traballo.
Parabéns, rapaces!!!
Seguide dando exemplo.




PUNTO LECTURA FAMILIAS

Nova imaxe deste recuncho.

INTERTEATRO NO RÍA DE VIGO

Visitamos o Ría de Vigo cunha das nosas obras deste curso.
Como noutras ocasións que visitamos este centro, sentímonos moi ben acollidos polos profesores e pola directora do centro.
Antes de despedirnos agasalláronnos cunhas plantas, que nos fixeron moita ilusión.

INTERTEATRO CEIP O CARBALLAL

O CEIP O Carballal visitou o noso centro coa obra 
"The Lion King"
en versión bilingüe galego-inglés.
O atrezzo estaba fantástico.
Ademáis, fixérono moi ben e gustounos moito.
Parabéns, rapaces!!!


 

EXPO DEBUXOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS


VISITAMOS O CENTRO DE DÍA COIA

Un ano máis, os alumnos do Club de Lectura,  compartimos actividades cos maiores do Centro de Día Coia.
Nesta ocasión fixemos un Taller de Poesía que quedou fantástico.
Eles representaron unha escena do Quixote para conmemorar o IV Centenario de Cervantes.
Ao rematar, agasallánonnos cunhas flores de reciclaxe.
Este ano acompañounos Marisé Pérez Mariño, que colabora co noso centro desde hai tempo.


domingo, 19 de junio de 2016

BULLYING

O pasado xoves, 16 de xuño, visitounos Benxa.
Tivemos unha charla sobre o Bullying, tema do libro que limos hai un mes.
Contounos anécdotas, casos coñecidos por el, cousas que ocorreron cando el era cativo, como se consideraban "normais" algunhos feitos que agora se denuncian...
E logo deixounos un debuxo de agasallo.

 

CLUB DE LECTURA JUNIO

El último libro del curso que leímos en el Club de Lectura de 5º y 6º fue 
"Maíto Panduro"


de Gonzalo Moure.
Tuvimos una Videoconferencia con él muy interesante.
Nos contó el motivo de escribir este libro, que está inspirado (como otros muchos de sus libros) en un personaje real.
Hicimos preguntas, dimos nuestras opiniones y escuchamos las suyas, de las que siempre aprendemos.
Esperamos volver a verte pronto. En persona.
Un montón de abrazos de los participantes del Club de Lectura del Chouzo 2016.

MEGA-ESCULTURA ECOLÓXICA


viernes, 17 de junio de 2016

CLUB DE LECTURA MAIO

Neste mes limos o libro titulado 
"El libro del bullying"
Non é o que parece...
Gustounos moito e aprendimos algunhas cousas que non imaxinabamos.


miércoles, 8 de junio de 2016

INTERTEATRO NO COLE

Os nenos do Ceip O Pombal representaron no noso cole a obra titulada:
"XPS Derradeira Xeración"
Foi moi divertida.
Fixéronno fenomenal.
 

martes, 7 de junio de 2016

EXPOSICIÓN "AO NOSO XEITO"

Ao noso xeito é o título que lle deron a un traballo de Pintrua e Reciclaxe que fixeron os maiores usuarios do Centro de Día Coia.
Prestáronnos a súa colección de Arte feita ao seu xeito, que consistía na reproducción de cadros famosos, pero dándolles un toque moi persoal.
Explicaron aos nenos de 2º A e B como fixeran esta colección.
Así, vimos A Gioconda ou Mona Lisa, un collage cos ollos e a boca da persoa que o fixo.
A Árbore das xemas representaba o cadro A Árbore da vida, pero as follas son as súas propias xemas dos dedos pintadas.
A sátira de "As Meninas", feito coas caras da familia real e os políticos de agora.
Gustounos moito e despois explicámoslles todo isto aos nenos doutras clases.

sábado, 4 de junio de 2016

INTERTEATRO 2016

Un ano máis o Grupo Interteatro compartiu as súas obras de teatro escolar entre distintos colexios públicos de Vigo e Belesar.
O Ceip Emilia Pardo Bazán-Chouzo compartimos este curso con Ceip O Carballal, Ceip O Pombal e Ceip Ría de Vigo.
Tamén colaboramos coa Escola Municipal de Teatro na IIV Mostra de Teatro Escolar no Auditorio do Concello.
Con dous grupos de 56 alumnos de 1º a 6º de Primaria, representamos dúas obras de teatro.

Grupo da profe Silvia:
"Gracias mi amigo aburrimiento" 


Gracias mi amigo aburrimiento - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

          
--------------------------------------------------------------------------------- 

Grupo da profe Ángeles:
"Raros"

Raros - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Desde que somos pequeños nos preguntan con frecuencia:
¿Qué vas a ser de mayor?

jueves, 2 de junio de 2016

IV TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

Se queredes ver e escoitar os relatos do último Taller de Escritura Creativa deste curso, podedes clicar na imaxe e accederedes á páxina do blog do cole onde están os vídeos.
Seguro que vos gustan moito.

http://chouzouno.blogspot.com.es/2016/05/vi-obradoiro-de-escritura-creativa.html

Moitas grazas pola participación e Noraboa!!! a todos os fenomenais escritores de relatos.

martes, 31 de mayo de 2016

JACOBO VISITOUNOS

Jacobo Fernández Serrano visitou hai uns días aos nenos de 2º.
Falamos do seu libro "Marcopola a illa remeira".
É un cómic moi chulo que gustounos moito. 

Falamos con Jacobo de outros libros de Marcopola e el ensinounos a enorme portada do último que escribiu e que sairá pronto.
Estivemos encantados de darlle moitas ideas para máis e máis libros de Marcopola que esperamos non se canse de escribir e debuxar.
Jacobo, como sempre, estivo moi agradable e simpático.
Ademáis, fíxonos un agasallo: un marcapáxinas moi especial para nós.
Grazas, Jacobo.
Esperamos verte pronto outra vez polo noso cole, que foi o teu.


MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA on PhotoPeach

jueves, 26 de mayo de 2016

Concurso IV Centenario Cervantes

IV Centenario de Miguel de Cervantes

KAMISHIBAI MANUEL MARÍA

Iria, Naila e Claudia, tres nenas de 4º, fixeron unha representación para todos os cursos en Kamishibai da Biografía de Manuel María.

Moitas grazas rapazas.
Fixéchelo moi ben!!!