martes, 3 de marzo de 2026

 27 Febreiro

Contacontos de Familias

Este venres, Jamaica e a súa nai Ana, proporcionáronnos unha instructiva e divertida sesión de Contacontos de Familias.

Con Dhor como protagonista, tivenmos a oportunidade de reflexionar sobre o noso importante papel como axentes activos no coidado do noso medio ambiente.

Ao rematar, os presentes gozaron cunha divertida e orixinal actividade mergullados entre os elementos


naturais máis importantes que nos dan vida: a terra e as plantas.


Moitas gracias Ana e Jamaica por esta inolvidable sesión!



lunes, 2 de marzo de 2026

 27 Febreiro

Nova sesión do Club de Lectura de Adultos

Este venres, o Club de Lectura de Adultos ( "Club de Dozura" !)
puxo en común as súas impresións sobre a obra de
Pedro Feijoo: "Onde nacen as bestas". Unha obra apaixonante cuxo denso e confuso argumento lévanos, en ocasións, a dubidar se lemos unha historia real ou tan só paseámonos polo limiar dunha lenda.

E, a próxima cita, para cando? O Club de Dozura xa estableceu o seu próximo encontro!


Será o
venres, 10 de Abril. E, para ese día, elixiron a novela coa que debutou Lucía Solla Sobral: "Comerás flores". Unha historia, desgraciadamente á orde do día, que ocorre con máis frecuencia do debido e cuxos protagonistas ignoran vivir. Pois cando os malos tratos de calquera tipo (psicolóxicos ou físicos), tenta disfrazarse de "amor profundo", as vítimas son sempre remisas en aceptar que o son e, polo tanto, nunca tentan defenderse ou aceptar axuda, pois se negan a ver a realidade!

Unha cita na que esperamos vervos a todos!




domingo, 1 de marzo de 2026

 26 Febreiro

Rosalía de Castro e recital de poesía na nosa Biblioteca!

Para lembrar á nosa escritora universal, a Biblioteca encheuse de cor e de poesía!! 

No expositor, Leolo deixounos unha selección das súas mellores obras. Unha selección adaptada a todos os niveis para que todo o alumnado puidese coñecela.

Coroando o expositor, unha fermosa infografía permitíanos acceder, visual e directamente, desde calquera recuncho da Biblioteca, ás súas poesías máis populares ! E como broche de ouro da celebración, o xoves, o alumnado voluntario protagonizou un
recital de poesía
!
Bravo! Felicitamos a todo o valente alumnado que participou! Se non puidestes gozalo en directo, aquí deixámosvos unha ligazón para acceder a un breve resumo!

lunes, 23 de febrero de 2026

 22 Febreiro

Este Venres 27: Club de Lectura de Adultos  e Contacontos de Familias!!

Chega o gran día! Este venres, dobre cita! En primer lugar, na sesión de Contacontos de Familias, Jamaica e a
súa mamá darannos moi boas razóns para coidar o planeta! Non o perdas!

E, a continuación, os amantes do suspense poderán gozar dunha nova sesión do Club de Lectura de Adultos!

Venres de doble cita!! Esperámosvos a todos!


 22 Febreiro

Xa están aquí as novidades!

Leolo veu cargado de sorpresas!

Xa tedes á vosa disposición
as últimas novidades!

Non esquezades pasar polo expositor para poñervos ao día!!


Ánimo e a gozalas!!


sábado, 7 de febrero de 2026

 5 Febreiro

Nova sesión do Pasapalabra Olímpico!

Hoxe foi o turno dos expertos olímpicos do 1º Ciclo!

Un día máis, a profesora Chelo, guiou aos participantes a través do rosco convertindo a competición nun xogo cheo de tensión e tamén alegría!

Parabéns a todos os que participastes ao longo desta olímpica semana e gracias a todos os que apoiastes aos equipos coa vosa presenza!!

Esperámosvos na seguinte actividade!


jueves, 5 de febrero de 2026

 4 Febreiro

Nova sesión do Pasapalabra Olímpico!

Hoxe, mércores, a profesora Chelo, convocou aos ilusionados equipos de .

Unha nova sesión divertida e apaixonante na que os coñecementos dos equipos aspirantes a facerse co rosco, mantiveron aos espectadores en vilo ata o final! 

Enhoraba a todos os participantes! Sen duda sodes uns grandes coñecedores da historia das Olimpíadas!

Mañá será o turno do Primeiro Ciclo. Desexámoslles unha contenda igual de divertida e apaixonante! 

A todos os que seguistes o transcurso deste xogo: non vos perdades esta próxima sesión!

 3 Febreiro

Chegou o Pasapalabra Olímpico

Os amantes deste didáctico e divertido xogo xa se preparan en equipo para a competición

profesora Chelo, de acordo con o programa establecido, convocou este martes aos primeiros participantes, o alumnado de 6º, facendo vibrar a concursantes e espectadores coa emoción dos seus acertos e os seus fallos! 

Unha moi rifada contenda na que vencedores e vencidos resultaron ilesos e máis sabios! 

     Mañá Mércores, será a quenda do alumnado de 2º ciclo

Non faltedes! Esperámosvos!!


martes, 3 de febrero de 2026

 1 Febrero

Nova sesión de contacontos!

Mariña, Aisha e Adriana, de 4º, leron "Emocionario". Unha obra de Cristina Núñez Pereira e Rafael Romero, que nos lembra cómo recoñecer os distintos estados emocioniais polos que podemos pasar no día a día.

Moitas gracias pola vosa colaboración!


 30 Xaneiro

Novo éxito da  sesión do Club de Lectura de Adultos!!

Atentos á  próxima sesión:


esperámoste!!!


jueves, 29 de enero de 2026

 28 Xaneiro

Documental sobre as Olimpíadas na Biblioteca

O noso PDI, "Chouzolimpiadas", segue adiante!

Durante o recreo de hoxe, na Biblioteca, o alumnado visionou coa profesora Chelo un documental con moitísima información sobre as Olimpíadas.

Unha información que lles virá xenial para o "Pasapalabra" que, a mesma profesora Chelo dirixirá, e xa ten disposto para realizarse a semana que vén.

Seguimos aprendendo!

Esperámosvos!


 26 Xaneiro

Xa está dispoñible a última remesa de Novidades!

Non esquezades visitar con frecuencia o recuncho de
Novidades, pois
Leolo non cesa
de poñelo ao día coas vosas lecturas favoritas: ciencias, enxeño, ficción, revistas...
Ánimo e a por a última novidade! Non sexas o último en disfrutala!!


miércoles, 28 de enero de 2026

 23 Xaneiro


O Club de Lectura de 5º segue a súa imparable travesía

Coa profesora Chelo ao temón, o Club de Lectura gozou da
obra de
Jordi Sierra i
Fabra, "Querido hijo estás despedido". Unha divertida historia que lles levou a reflexionar sobre a importancia de ser responsables, colaborar e respectar á familia. Aspectos fundamentais para crecer como persoas que favorecen unha boa convivencia. E é que, o vivir nun ambiente de agarimo e coidados paternales, lévalles en ocasións a confundir os coidados recibidos, emanados voluntariamente do agarimo dos seus pais, coa obrigatoriedade de que se lles de todo feito, a ausencia absoluta de deberes e o dereito para revelarse con malos comportamentos ou inadecuadas respostas cando se lles esixe que cumpran coas súas obrigacións mínimas. Unha gran elección para unha etapa na que xa poden recoñecer os seus posibles erros, véndose nos erros do protagonista da obra, e corrixilos canto antes para mellorar un pouco máis a atmosfera do seu fogar se procede.


E, a súa próxima aventura?
Viviranna ca obra "Emmie es invisible", de Terri Libenson, coa que se sumergerán no interesante mundo da autoaceptación e a amizade xenuína.

Parabéns polo voso entusiasmo e amor á lectura!!





sábado, 17 de enero de 2026

 16 Xaneiro

Atentos! O Club de Lectura de 6º xa ten obra!

Os amantes da lectura de 6º de E. Primaria constituíron xa o seu Club de Lectura, para gozar xuntos das emocións e experiencias vividas a través dos capítulos da obras lidas. Nesta ocasión, elixiron a obra de Judith Kerr: "Cando Hitler roubou o coello rosa".

Unha obra na que Judith Kerr utiliza o seu propio pasado para lembrarnos o importante que é saber afrontar as adversidades da vida con resiliencia, mantendo a esperanza nun futuro mellor, conservando o humor e non caer nunca na fatal trampa do odio, os prexuízos ou a falta de empatía cara aos nosos semellantes. Se aínda non te apuntaches, animámoste a facelo! A experiencia será moi gratificante, divertida e naturalmente didáctica, pois cando poñemos os nosos puntos de vista en común, aprendemos todos de todos!!

Ánimo!! Esperámoste!!!!


jueves, 15 de enero de 2026

 13 Xaneiro

Xaneiro, un paréntesis para lembrar a importancia de vivir en Paz!

O 30 de xaneiro, como cada ano, coincidindo ca morte de Mahatma Gandhi, o inspirador da loita sin violencia para reclamar os nosos dereitos, dedicarémolo a lembrar o nexo común que debe unirnos a todos e cada un de nós: o desexo de vivir en Paz e Harmonía. Algo tan imprescindible para unha convivencia sa e frutífera, sen obstáculos que nos impidan gozar da nosa coexistencia!

Lembremos que iso é só posible se deixamos ao carón o noso individualismo e esforzámonos por transmitir o mellor de nós mesmos, alá onde imos!

No recuncho das celebracións, Leolo, deixouvos unha infografía moi interesante cos hitos globáis do complicado camiño da Paz, que debedes ler!

E, no expositor, puxo xa á vosa disposición moitos títulos interesantes para que, a través das súas historias ou das experiencias reais dos seus protagonistas, lembredes e valoredes o importante que é poñer o noso entusiasmo e a nosa vontade para lograr que, a nosa presenza, sexa o máis grata posible e poida dar exemplo ás persoas que nos rodean.

Non esquezades que cada xesto e cada palabra conta... E que a Paz é cousa de todos.

Como di a canción: "O mundo é a casa de todos, que todos debemos coidar, tratándonos como irmáns e facendo posible a Paz".

Felices lecturas e Paz no corazón para todos!