26 Febreiro
Rosalía de Castro e recital de poesía na nosa Biblioteca!
Para lembrar á nosa escritora universal, a Biblioteca encheuse de cor e de poesía!!
No expositor, Leolo deixounos unha selección das súas mellores obras. Unha selección adaptada a todos os niveis para que todo o alumnado puidese coñecela.
Coroando o expositor, unha fermosa infografía permitíanos acceder, visual e directamente, desde calquera recuncho da Biblioteca, ás súas poesías máis populares ! E como broche de ouro da celebración, o xoves, o alumnado voluntario protagonizou un recital de poesía!
Bravo! Felicitamos a todo o valente alumnado que participou!
Se non puidestes gozalo en directo, aquí deixámosvos unha ligazón para acceder a un breve resumo!
