jueves, 29 de enero de 2026

 28 Xaneiro

Documental sobre as Olimpíadas na Biblioteca

O noso PDI, "Chouzolimpiadas", segue adiante!

Durante o recreo de hoxe, na Biblioteca, o alumnado visionou coa profesora Chelo un documental con moitísima información sobre as Olimpíadas.

Unha información que lles virá xenial para o "Pasapalabra" que, a mesma profesora Chelo dirixirá, e xa ten disposto para realizarse a semana que vén.

Seguimos aprendendo!

Esperámosvos!


 26 Xaneiro

Xa está dispoñible a última remesa de Novidades!

Non esquezades visitar con frecuencia o recuncho de
Novidades, pois
Leolo non cesa
de poñelo ao día coas vosas lecturas favoritas: ciencias, enxeño, ficción, revistas...
Ánimo e a por a última novidade! Non sexas o último en disfrutala!!


miércoles, 28 de enero de 2026

 23 Xaneiro


O Club de Lectura de 5º segue a súa imparable travesía

Coa profesora Chelo ao temón, o Club de Lectura gozou da
obra de
Jordi Sierra i
Fabra, "Querido hijo estás despedido". Unha divertida historia que lles levou a reflexionar sobre a importancia de ser responsables, colaborar e respectar á familia. Aspectos fundamentais para crecer como persoas que favorecen unha boa convivencia. E é que, o vivir nun ambiente de agarimo e coidados paternales, lévalles en ocasións a confundir os coidados recibidos, emanados voluntariamente do agarimo dos seus pais, coa obrigatoriedade de que se lles de todo feito, a ausencia absoluta de deberes e o dereito para revelarse con malos comportamentos ou inadecuadas respostas cando se lles esixe que cumpran coas súas obrigacións mínimas. Unha gran elección para unha etapa na que xa poden recoñecer os seus posibles erros, véndose nos erros do protagonista da obra, e corrixilos canto antes para mellorar un pouco máis a atmosfera do seu fogar se procede.


E, a súa próxima aventura?
Viviranna ca obra "Emmie es invisible", de Terri Libenson, coa que se sumergerán no interesante mundo da autoaceptación e a amizade xenuína.

Parabéns polo voso entusiasmo e amor á lectura!!





sábado, 17 de enero de 2026

 16 Xaneiro

Atentos! O Club de Lectura de 6º xa ten obra!

Os amantes da lectura de 6º de E. Primaria constituíron xa o seu Club de Lectura, para gozar xuntos das emocións e experiencias vividas a través dos capítulos da obras lidas. Nesta ocasión, elixiron a obra de Judith Kerr: "Cando Hitler roubou o coello rosa".

Unha obra na que Judith Kerr utiliza o seu propio pasado para lembrarnos o importante que é saber afrontar as adversidades da vida con resiliencia, mantendo a esperanza nun futuro mellor, conservando o humor e non caer nunca na fatal trampa do odio, os prexuízos ou a falta de empatía cara aos nosos semellantes. Se aínda non te apuntaches, animámoste a facelo! A experiencia será moi gratificante, divertida e naturalmente didáctica, pois cando poñemos os nosos puntos de vista en común, aprendemos todos de todos!!

Ánimo!! Esperámoste!!!!


jueves, 15 de enero de 2026

 13 Xaneiro

Xaneiro, un paréntesis para lembrar a importancia de vivir en Paz!

O 30 de xaneiro, como cada ano, coincidindo ca morte de Mahatma Gandhi, o inspirador da loita sin violencia para reclamar os nosos dereitos, dedicarémolo a lembrar o nexo común que debe unirnos a todos e cada un de nós: o desexo de vivir en Paz e Harmonía. Algo tan imprescindible para unha convivencia sa e frutífera, sen obstáculos que nos impidan gozar da nosa coexistencia!

Lembremos que iso é só posible se deixamos ao carón o noso individualismo e esforzámonos por transmitir o mellor de nós mesmos, alá onde imos!

No recuncho das celebracións, Leolo, deixouvos unha infografía moi interesante cos hitos globáis do complicado camiño da Paz, que debedes ler!

E, no expositor, puxo xa á vosa disposición moitos títulos interesantes para que, a través das súas historias ou das experiencias reais dos seus protagonistas, lembredes e valoredes o importante que é poñer o noso entusiasmo e a nosa vontade para lograr que, a nosa presenza, sexa o máis grata posible e poida dar exemplo ás persoas que nos rodean.

Non esquezades que cada xesto e cada palabra conta... E que a Paz é cousa de todos.

Como di a canción: "O mundo é a casa de todos, que todos debemos coidar, tratándonos como irmáns e facendo posible a Paz".

Felices lecturas e Paz no corazón para todos!