jueves, 27 de junio de 2024

14 Xuño

O gran día Chegou!!!

A Biblioteca encheuse de sorpresas e alegría este xoves venres

Todos os usuarios que de algún xeito colaboraron ao longo do curso coas actividades da Biblioteca, déronse cita nunha derradeira xornada festiva na que todos recibiron un agasallo. 

Alí estaban os imprescindibles Auxiliares da Biblioteca, aos que a profesora María lle recoñeceu  á súa importante labor diaria e á súa responsabilidade e compromiso;  os membros do Club de Lectura; os membros do Club de Arte... e tamén estiveron os gañadores do II Concurso de Cómic e os gañadores e os finalistas dos II Torneos de Xadrez e de Damas...

Dúas xornadas cheas de alegría e de sorpresas que puxeron o broche final á longa e agotadora,  pero gratificante, cruzada de actividades deste curso que finaliza.

A profesora María, Directora da Biblioteca, tras un emotivo discurso fixo entrega dos agasallos e premios a todos los participantes.

Aquí tedes un breve resumen do acto:

Noraboa a todos polo voso traballo!






jueves, 13 de junio de 2024

12 Xuño

Unha cita importante: Semana de premios!

Los premios de cada actividad ya listos!

A extensa programación de actividades propostas pola Biblioteca ao longo do curso, chegou ao seu fin!
E fíxoo coa satisfacción de cumprir todos os seus obxectivos e superar amplamente todas as súas expectativas de participación e de entusiasmo por parte dos usuarios.

Aos poucos, fóronse clausurando o Club de Lectura de Adultos, O Club de Lectura do 3º Ciclo, as sesións de Contacontos de Familias, as sesións de contacontos "Cóntoche un conto?" dos recreos, o Taller de Arte, Xadrez...

Xa só queda unha última cita! E é a de premiar a fidelidade de todos aqueles alumnos e alumnas que, dun modo ou outro colaboraron na súa dinámica ao longo de todo o curso. 
Xa está todo listo para o broche final: a clausura oficial deste centro neurálxico no que cada alumno puido atopar un rinconciño no que coñecer a outros compañeiros cos mesmos gustos e afeccións e gozar compartíndoas. 
A directora da nosa Biblioteca, a profesora María, xa ten todo disposto para a celebración que, dado o gran número de participantes, prolongarase ao longo de dous días: xoves e venres da próxima semana.
A conta atrás comezou! 
Alí esperámosvos a todos!



lunes, 10 de junio de 2024

 3 Xuño


O "II Concurso de Banda Deseñada" xa ten gañadores!

La profesora María expone los Cómics ganadores
A nova edición do Concurso de Banda Deseñada mostrou unha vez máis a gran aceptación 
que este tipo de lectura ten entre os alumnos de todas as idades. 
Desde infantil ata primaria, seguir a evolución dunha historia a través dunha secuencia de viñetas é un modo dobremente divertido de captar todo tipo de aventura (xa sexa ciencia ficción, xa sexan secuencias cotiás expresadas con humor), xa que, ao aliciente de coñecer a aventura, súmase o modo sutil, perspicaz e enxeñoso, en que os debuxantes nos permiten captar de modo gráfico o enfado, o sentido do humor, a sorpresa, os medos... dos personaxes protagonistas.
Los cómics ganadores ha generado gran expectación

E, súmase tamén,
a divertida caracterización dos obxectos, lugares ou animaliños alleos á historia pero incorporados premeditadamente polo guionista en cada viñeta para incrementar o toque de humor, (unha telaraña na máquina de escribir, un ratonciño testemuña da escena desde a beirarrúa...). Elementos que noutro tipo de libros non teñen cabida.

Todos estes factores axudan ao seu gran éxito e polo tanto a súa elevada demanda por parte de lectores de todas as idades.

E no noso colexio non é diferente. Ainda que, aquí, non só contamos con moitos lectores que os "devoran", senon que tamén temos grandes debuxantes e guionistas que gozan creándoos! Proba diso son os magníficos resultados do concurso!

Os exemplares gañadores permanecen expostos no gran taboleiro do rellano da Biblioteca

Non esquezades facerlle unha visita para gozar coas aventuras creadas por estes xeniais historietistas!

Parabéns a todos os gañadores!



domingo, 9 de junio de 2024

 31 Maio

Gran festa final para clausurar os "Contacontos de Familias"

As sesións de Contacontos de Familias chegaron ao seu fin e fixérono cunha gran despedida!

Rosa, a avoíña de Cíes, proporcionou aos asistentes non só un momento de lectura instructivo e ameno, senón que lles fixo cantar ao marchoso ritmo das cancións do último álbum do grupo Oviravai

A sala encheuse de palmas e alegría mentres coreaban cancións como a do oso "Aurelio" ou a dedicada a "Rosalía", ou se facían eco da importancia de coidar o planeta coas letras das cancións "Reciclar" e "Unha mensaxe da Terra".

Un fabuloso festival para marcar o fin do percorrido desta fantástica actividade que, ao longo do curso, reuniu ás familias da nosa comunidade educativa para gozar e animar á lectura, ao tempo que axudaba a desenvolver a creatividade dos máis pequenos ao redor dos seus talleres.

Unha vez máis, debemos reiterar o noso gran agradecemento:

 A toda as familias que participastes contando fermosas historias e a todas as que participastes como público logrando que esta complicada proposta non quedase nunha simple utopía senón que lograse ser un gran éxito!

Moitas grazas!

Esperamos seguir contando con todos o próximo curso!