12 Decembro
"Cinco minutiños mais" con Celia e Aixa!
Con Aixa e Celia, descubrimos nesta nova sesión de Contacontos, o relativo que é o tempo!E, é que o tempo non transcorre de igual maneira cando nos divertimos que cando desexamos con vehemencia que algo ocorra xa! Ou, cando o reloxo xoga na nosa contra para chegar xustos ao traballo ou tomar un autobús, que cando só desexamos gozar uns minutos de relax! Se por algún motivo non puidestes gozar esta divertida sesión, ou desexades gozala de novo, non tedes máis que buscar esta obra, de Marta Altés, na Biblioteca!
Moitísimas grazas Celia e Aixa por esta tenra e didáctica historia!
Esperamos vervos moi pronto de novo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario