jueves, 25 de septiembre de 2025

 24 Septembro

A operación "Renova a Leolo"  xa está en marcha!

Un gran número de fans respondeu á chamada da nosa
mascota
Leolo para renovar a súa imaxe e presentarse ás ChouzOlimpiadas cun look acorde á ocasión! Cal será a nova imaxe de Leolo na súa reaparición? Estade atentos ao veredicto final do xurado porque só unha das opcións presentadas será a gañadora e... Pode ser a vosa!!



viernes, 12 de septiembre de 2025

 11 Septembro

O Club de Lectura de Adultos estreará o calendario de actividades da nosa Biblioteca!

Tras o merecido descanso estival, os membros do "Club de Dulzura" darán conta da obra de Jöel Dicker: "La muy catastrófica visita al zoo".

Tras as súas exitosas edicións do curso pasado, o Club convida a toda a comunidade educativa a sumarse, participar e compartir esta enriquecedora e divertida experiencia!!

A primeira sesión deste Club de Lectura de Adultos, moi acertadamente alcumado, "Club de Dozura", terá lugar o Venres 3 de Outubro á 17:00 h na Biblioteca de Leolo.

Non volo perdades!!


Lembrade!

Tedes unha cita:

Data: Venres 3 de Outubro Obra: "La catastrófica visita al zoo" Autor Jöel Dicker Hora: 17:00h Lugar: Biblioteca Leolo


 11 Septembro

Leolo quere cambiar o seu look!!!


Bos Dias! Xa estamos de volta!

O descanso estival chegou ao seu fin e a actividade volve encher de alegría os patios e corredores dos colexios, ata o de agora sumidos nun profundo silencio. Xa volvemos todos a marcar no noso calendario as actividades, descansos, compromisos, obrigacións... desta nova etapa.

Tamén Leolo está a traballar no seu calendario! E a súa primeira decisión foi marcarse unha pequena renovación: Quere actualizar o seu look!
Sen perder a súa personalidade, pretende poñerse en forma para poñerse a ton co novo Proxecto que vai presidir: as
"ChouzOlimpiadas"!!! E, para iso, decidiu pedirvos axuda a todos os seus amigos e fans! Xa fixo pública a súa decisión! E espera que todos colaboredes coas vosas propostas para atopar unha "imaxe" final que lle faga sentirse un auténtico deportista!!!
Ánimo e a pensar como vos gustaría velo!!
Conta con todos vós!