10 Decembro
Antía e Celia trouxéronnos un novo Contacontos!
Para esta ocasión, elixiron a divertida historia de Andy Cutbill:
"Primeira semana na escola de vacas". Os asistentes puideron gozar coa aventura de Marjorie e a súa peculiar filla Daisy, lembrándonos que cada un de nós ten os seus propios talentos! Só temos que descubrilos e potencialos en lugar de sentirnos acomplexados por non poseer os os mesmos que poseen os demais. E, polo mesmo motivo, non debemos xulgar aos demais pola súa apariencia.Parabéns Celia e Antía polo voso éxito e esperamos escoitarvos de novo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario