jueves, 13 de noviembre de 2025

 12 Novembro

Unha viaxe no tempo!

Hoxe, na Biblioteca, mergullámonos no pasado para descubrir a orixe dos
 Xogos Olímpicos da Antiga Grecia. 
A través dun documental, o alumnado puido coñecer mellor esa importante celebración que, cada 4 anos, permitía que os gregos deixasen de lado as súas diferenzas e declarasen unha tregua nos seus conflitos bélicos, co fin de permitir que os seus home libres centrasen toda a súa atención en adorar a Zeus, competindo coas súas destrezas físicas.

Carreiras de velocidade, loita, carreiras de cabalos... unha pródiga lista de habilidades ás que os gregos vían un dobre beneficio: alcanzar a harmonía de corpo e alma e o seu aproveitamento como inspiración e ensino dos mozos gregos. Un interesante documental cuxo contido sorprendeu e agradou ao alumnado !


 12 Novembro

As "Chouzolimpiadas"

Este curso, o noso proxecto (PDI), poñeranos a punto en
materia de deportes! Pois, tras unha votación democrática, o alumnado elixiu como tema:
As "Chouzolimpiadas"!

Pero, a pesar do que o título poida suxerir, non só coñeceremos os deportes na pista, senón tamén: a súa historia, a súa evolución, personaxes relevantes e mesmo a súa presenza en todas as áreas: arte, cultura... Animamos a toda a comunidade escolar a participar e poñer o seu granito de area, xa sexa coa súa experiencia persoal ou cos seus coñecementos.

Desexamos contar coa vosa achega ao longo do curso!Ánimo!!


 11 Novembro

Volveu o xadrez á biblioteca

Alfiles, torres, cabalos, peóns... xa están en garda campeando
ás súas anchas cara á liña inimiga para mostrar o seu poder ao rei do adversario! Os amantes dos cadros brancos e negros, xa comezaron a quentar motores de fronte ao VI Torneo de Xadrez! Moitísimo ánimo campións e a gozar deste estratéxico e relaxante xogo milenario!!!


domingo, 9 de noviembre de 2025

 7 Novembro

Todo un abano de Actividades!

Los Auxiliares: un equipo dispuesto a ayudar!
Tras a súa apertura, continua a trepidante actividade na
Biblioteca!

Os Auxiliares, xa comezaron o seu labor de orde e guía dos usuarios; algúns amantes da
Expositor de novedades:
un sinfín de nuevas aventuras

lectura, mergúllanse no recuncho das novidades para atopar os novos "fíos" cos que tecer novas aventuras nos seus momentos de descanso; outros, optan por revisar os andeis á procura dalgún exemplar das súas series preferidas que aínda non deron lido; moitos, aproveitan para analizar o abano de actividades que Leolo lles propón este curso co fin de rexistrarse os primeiros: "
Club
Un gran abanico de actividades:
propuestas para todos los gustos!
de Lectura", "Obradoiro de Escritura", "Reparación de libros", "Le, escoita, canta Poemas", "Contacontos", "Xadrez".
..

Actividades y calendario del mes de Noviembre

A estes últimos, aos que esteades interesados nas actividades, Leolo lémbravos que
non esquezades consultar os taboleiros para apuntarvos ás vosas actividades preferidas. E, ao mesmo tempo, revisade o calendario que indica as datas nas que se celebrarán!

Animádevos!   Leolo conta con todos vós!!

Pasaportes del equipo de Auxiliares 

30 Outubro

Samaín e a Biblioteca

A Biblioteca estivo presente na terrorífica semana de samaín!

Leolo, ambientou o seu fogar á altura das circunstancias para convidar a todos os seus amigos a tremer e deixarse levar polas sorpresas petrificantes das súas lecturas máis sobrecolledoras e sentir as súas experiencias máis horripilantes!

Uuuuhhhh! Que medo!!!