13 Decembro
Xa se coñece a nova data do Club de Lectura de Adultos!

Lembrade!
Tedes unha cita:
Data: Venres 3 de Outubro
Obra: "La catastrófica visita al zoo"
Autor: Jöel Dicker
Hora: 17:00h
Lugar: Biblioteca Leolo
Esperámosvos!
13 Decembro

Lembrade!
Tedes unha cita:
Data: Venres 3 de Outubro
Obra: "La catastrófica visita al zoo"
Autor: Jöel Dicker
Hora: 17:00h
Lugar: Biblioteca Leolo
Esperámosvos!
13 Decembro
Un touro, unha gato, un can, un galo... permitiron á ratiña darnos unha lección de como debemos ser cautos á hora de elixir as nosas compañías: observando que os seus intereses sexan afíns e non deixándonos levar polas apariencias.
Moitísimas gracias, Lola, polo teu conto!
Podedes escoitar a historia de Lola picando na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1j2tW_XoB3wI675loiPKi9T1KNkASSJpN/view?usp=drive_link
12 Decembro
E, é que o tempo non transcorre de igual maneira cando nos divertimos que cando desexamos con vehemencia que algo ocorra xa! Ou, cando o reloxo xoga na nosa contra para chegar xustos ao traballo ou tomar un autobús, que cando só desexamos gozar uns minutos de relax! Se por algún motivo non puidestes gozar esta divertida sesión, ou desexades gozala de novo, non tedes máis que buscar esta obra, de Marta Altés, na Biblioteca!
Moitísimas grazas Celia e Aixa por esta tenra e didáctica historia!
Esperamos vervos moi pronto de novo!
10 Decembro
Antía e Celia trouxéronnos un novo Contacontos!
Para esta ocasión, elixiron a divertida historia de Andy Cutbill:
"Primeira semana na escola de vacas". Os asistentes puideron gozar coa aventura de Marjorie e a súa peculiar filla Daisy, lembrándonos que cada un de nós ten os seus propios talentos! Só temos que descubrilos e potencialos en lugar de sentirnos acomplexados por non poseer os os mesmos que poseen os demais. E, polo mesmo motivo, non debemos xulgar aos demais pola súa apariencia.Parabéns Celia e Antía polo voso éxito e esperamos escoitarvos de novo!
9 Decembro
Leolo prepárase para o Nadal Atentos amantes da lectura!
Ao longo das pasadas semanas Leolo deixouvos unha gran cantidade de novos títulos das vosas lecturas preferidas no recuncho de "Novidades".E, para este Nadal?
Ademais de ambientarnos a Biblioteca, Leolo, nun ilustrativo cartel, deséxanos un
"feliz Nadal e Boas lecturas!", mentras nos lembra que "a lectura é un agasallo que nunca pasa de moda", e nos invita a "descubrir novas historias e compartir momentos máxicos!". Para iso, deixounos no expositor de lecturas especiais, un nutrido número de obras clásicas e non clásicas propias de estas datas!
28 Novembro
!
Tras a divertida historia elixida: "Chibos Chibóns" de Olalla González, coa que nos quedou claro que máis vale forza que maña, os asistentes gozaron dunha amena e divertida manualidade.