Páginas

domingo, 22 de junio de 2025

 20 Xuño

O Club de Lectura de Adultos xa ten nova Obra e nova data!

Aproveitando o descanso estival, darán conta da obra de Jöel Dicker: "La muy catastrófica visita al zoo".

Unha obra ideal para os amantes das intrigas que se complican coa aparición de elementos que non son o que parecen, logrando manter ao lector en suspense ata a última liña. Tras as exitosas edicións do Club de Lectura de Adultos, a profesora María, convida a toda a comunidade educativa a sumarse, participar e compartir esta experiencia con este novo relato cheo de misterio. A primeira sesión do seu, moi acertadamente alcumado, "Club de Dozura", terá lugar o Venres 3 de Outubro á 17:00 h na Biblioteca de Leolo.

Non volo perdades!! Lembrade! Tedes unha cita: Obra: "La catastrófica visita al zoo" Autor Jöel Dicker Hora: 17:00h Lugar: Biblioteca Leolo O Equipo de Biblioteca aproveita a ocasión para agradecer a
colaboración de todas as Familias no apoio e soporte de todas as
actividades e o bo funcionamento da Biblioteca. Moitísimas grazas a todos e moi feliz e tranquilo verán!

 19 Xuño

Na casa, praia, montaña...onde vaias, un bo libro é a mellor compañía


Chegou o verán e os seus longos días proporciónannos un tempo extra para dedicarllo aos nosos hobbies.

Para os apaixonados pola lectura, é o momento ideal para comprobar como finalizaba esa historia inacabada que repousaba sobre o andel esperando un mellor momento para ser concluída. Ou para enfrascarse nunha nova aventura que nos faga viaxar no tempo. Ou para convidarnos a poñernos en modo investigador para desentrañar a máis intrincada intriga.

En calquera caso, as bibliotecas e librerías abren no verán as súas portas e renovan os seus escaparates cos últimos best seller e cas obras que, sen lograr selo, son moi coñecidas debido ao eco que a prensa fixo delas.

Xa sexan estas, ou un clásico o que caia nas nosas mans, o importante é ler, gozar lendo e dar exemplo aos máis pequenos da casa para introducirlles nesta excelente práctica que tantos beneficios proporciona á súa formación como persoas. Aquí deixámosvos unha pequena mostra de títulos que poderían interesarvos:

https://view.genially.com/6857f7e045515fe84e22b270/play-lecturas-sugeridas-para-este-verano

Feliz Verán a todos os membros desta magnífica comunidade educativa!

 18 Xuño

Entrega de premios na Biblioteca de Leolo!

Hoxe a nosa Biblioteca vestiuse de festa para celebrar a entrega de premios
aos seus fieis usuarios! Un nutrido número de premiados esperaban expectantes a chegada deste día! Houbo premios para todos: para os Auxiliares de Biblioteca ,(polo seu labor de apoio, a súa responsabilidade e a súa constancia), para os membros do Club de Lectura, para os gañadores do Concurso de Cómic, para o Mellor Mural Publicitario para promocionar a Ría de Vigo, (obxecto do Proxecto deste curso), para os gañadores do III Torneo de Xadrez, para o equipo de
Muralistas e decoradoras da Biblioteca, para os membros do equipo de Radio Leolo Comunica e, un premio especial para o alumnado máis lector! Na seguinte ligazón podedes ver un breve resumo dos gañadores:

https://view.genially.com/6857b6408f02a2a3b6c691a5/presentation-entrega-de-premios-a-los-usuarios-de-la-biblioteca

A todos dámoslles o noso parabén e desexámoslles un feliz verán cheo de boas lecturas!

sábado, 7 de junio de 2025

 2 Xuño

Xa temos gañador do III Torneo de Xadrez!

Tras a rifada contenda, finalmente foi Enzo quen se fixo dono do taboleiro!!

Bravo polo novo campión que fixo unha longa travesía perdendo algunha importante figura, como era de esperar, pero sen perder ningunha batalla! Seguiulle moi de preto Ainhoa, quen se alzou co segundo posto! E o terceiro posto no podio ocupouno Teo, que desenvolveu un gran xogo, aínda que finalmente foi vencido.

Parabéns a todos os participantes!

E moito ánimo! Non deixedes de practicar este divertido e relaxante xogo milenario que tantos beneficios aporta a aqueles que o practican!

Vémonos o ano que ven!!




domingo, 1 de junio de 2025

 30 Maio


"Por que Asunta", e a súa autora, no Club de Lectura de Adultos

Aos poucos, van clausurándose as actividades ante a inminente chegada do
período estival. O
Club de Lectura de Adultos da profesora María, fíxoo este venres, coa reflexión á que conduce a obra de Inma López Silva : "Por que
Asunta".

Unha obra sobre un caso real que conmoveu a toda a sociedade e sobre o cal se escribiu moito... pero non todo.


A través das súas páxinas, o lector non atopa unha lectura de mero entretemento, senón que a autora condúcelle a preguntarse moitas cousas, a reflexionar... a non quedarse só co morbo do ocorrido, senón a poñer o foco de atención nas traxedias que sempre acompañan os crimes e conducen a eles, para mellorar como sociedade.

Os membros do Club disfrutaron dunha maravillosa sesión na que puideron compartir as súas opinións, dúbidas e reflexións coa propia autora! Todo un luxo!

Moitísimas grazas a todos os membros do Club que

fixeron posible esta fermosa aventura ao longo do curso compartindo lecturas, experiencias, alegría e bo humor.

Esperámosvos a todos ao regreso de vacacións, pois isto non é unha despedida senón un merecido descanso.
Estade atentos ás recomendacións lectoras e non dubidedes en apuntarvos á próxima aventura deste especial "Club de Dulzura". Esperámosvos! Moitísimas grazas Pilar Rajoy polo teu apoio incondicional ata o final!